Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

O superordenador FINISTERRAE achegou 1,2 millóns de horas de cálculo ao proxecto galardoado co Premio Nobel de Física 2017

Nova: O superordenador FINISTERRAE achegou 1,2 millóns de horas de cálculo ao proxecto galardoado co Premio Nobel de Física 2017

 2 voto(s)

Venres 13/10/2017 10:04

O proxecto LiGO, galardoado por ter detectado ondas gravitacionais tal como predicira Albert Einstein, empregou o superordenador FinisTerrae instalado en Santiago de Compostela a través do doutor Sascha Husa.

O supercomputador FinisTerrae, no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), achegou 1,2 millóns de horas de procesamento de altas prestacións para a realización dos cálculos para o proxecto recoñecido na derradeira edición dos premios Nobel. A investigación realizada no marco do proxecto LiGO, ven empregando recursos do CESGA a través dun grupo de investigación adicado a Física Teórica da Universitat das Illes Balears. Entre os principais usuarios deste grupo encontrase o doutor Sascha Husa.

O Dr. Husa explica que no seu traballo cotiá emprega os superordenadores para estudar os sinais de ondas gravitacionais creadas cando dous buratos negros colisionan; os eventos máis violentos no universo. O seu traballo en concreto é resolver ecuacións e calcular, utilizando cálculos moi extensos, que aspecto teñen esas colisións, e como son exactamente os sinais que emiten.

Os experimentalistas que traballan na colaboración LiGO poden despois comparar as predicións baseadas nos cálculos nos superordenadores cos datos experimentais que eles rexistran e atopar que sistemas crearon eses sinais. Para eses cálculos a comunidade de Física Teórica precisa dispoñer de acceso a moi grandes máquinas de computación de altas prestacións xa que sen elas este tipo de avances en ciencia sería impensable e non poderíamos chegar a comprender mellor o universo que habitamos.

O Dr. Husa e o seu equipo de físicos teóricos acceden a potentes máquinas de cómputo como FinisTerrae a través de diferentes convocatorias competitivas da Rede Española de Supercomputación (RES), á cal o CESGA achega o 20% do superordenador galego.A RES, composta por 13 nodos repartidos por todo o estado é a Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular en Computación de España.

Os cálculos en física teórica demandan tantos recursos computacionais que ademáis do millón duascentas mil horas de procesamento empregados no CESGA, o equipo da UIB tamén utilizou os superodenadores Calendula, do Centro de Supercomputación de Castela-León, MareNostrum no Centro Nacional de Supercomputación ou máquinas de PRACE a alianza europea pola computación avanzada.

Valorar: