Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo 2019


  • CESGA ICTS

Galardón ao proxecto Trafair do CESGA no Forum Pa de Roma

Nova: Galardón ao proxecto Trafair do CESGA no Forum Pa de Roma

 0 voto(s)

Luns 20/05/2019 16:58

O Proxecto Trafair foi galardoado no Forum Pa en Roma hoxe co "Premio PA sustentable. 100 proxectos para alcanzar os obxectivos da Axenda 2030".

O proxecto TRAFAIR – Understanding Traffic Flows to Improve Air Quality ((https://www.cesga.es/es/investigacion/proyectos/Proyecto?id=736)), cofinanciado pola Comunidade Europea e no que participa o CESGA, xurdiu da necesidade das grandes cidades de comprobar a calidade do aire de maneira rápida e eficiente cun sistema que permita tomar decisións que melloren dita calidade beneficiando a cidadáns, negocios e administracións.

Os obxectivos deste proxecto son prover estimacións de polución de aire na cidade e desenvolver un servizo de predición baseado na meteoroloxía concreta da zona e nos fluxos de tráfico reais que se moven pola cidade ademais de publicar os devanditos datos ao público.

Estes obxectivos son os que conseguiron que TRAFAIR gañe o "Premio PA sustentable - 100 proxectos para alcanzar os obxectivos da Axenda 2030", iniciativa promovida por FPA en colaboración con ASviS (Alianza Italiana para o Desenvolvemento Sustentable) no evento FORUM PA 2019.

Proyecto TRAFAIR

Proxecto TRAFAIR De esquerda a dereita: Federica Rolo ( UNIMORE), Laura Po ( UNIMORE), Sergio Duretti ( Lepida SPA) e Luca Chiantore ( CMO)

Pódese consultar unha listaxe completa dos premiados en: http://www.forumpachallenge.it/tags/forum-pa-2019-premio-pa-sostenibile

Valorar: