Project Description

CROSSGRID – CROSSGRID

Periodo:2002-03-01 – 2005-02-28 (36 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

www.eu-crossgrid.org

O proxecto CrossGrid ten desenvolvido, implementado e explotado novos compoñentes Grid de computo interactivo e aplicacións que utilizan datos de forma intensiva, como simulación e visualización de procedementos quirúrxicos, sistemas de soporte para inundacións, analisis de datos distribuídos en altas enerxías, contaminación atmosférica combinada con previsión meteorolóxica.

A metodoloxía elaborada, a arquitectura xenérica das aplicacións, a contorna de programación e os novos servizos Grid validaronse e probaronse a fondo no testbed de Crossgrid, facendo fincapé nunha contorna amigable para os usuarios. O traballo levouse a cabo en estreita colaboración co Grid Forum e o Proxecto Datagrid, sacando proveito dos seus resultados e experiencia, así como para obter unha interoperabilidade completa.