No marco das Xornadas En liña da Oficina Acelera peme da Coruña, coorganizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o vindeiro martes 23 de novembro ás 10:00h. poderá asistir ao taller “Supercomputación (HPC), Big Data (HPDA) e Intelixencia artificial (IA). Oportunidades para pemes”.

Obxectivo: Informar as pemes sobre as oportunidades, o potencial e as vantaxes que a supercomputación, o Big Data e a Intelixencia Artificial ofrecen para a mellora e optimización de produtos e servizos.

Axenda:

Relator, Laura Martínez Calvo:

– CESGA: supercomputación e empresa.
– Barreiras para o acceso e uso de recursos HPC, por onde empezar?
– Contexto actual: proxecto EuroCC

Relator, Adela Penas Franqueira:

– Supercomputación en pemes: vantaxes e casos de éxito.

Preguntas e dúbidas.

Rexistro: https://acelerapyme.itg.es/inscribete-a-nuestros-talleres-gratuitos/

Impartirán este taller gratuíto destinado a pemes:

Laura Martínez Calvo. Técnico de Proxecto EuroCC, CESGA.

O proxecto EuroCC ten como obxectivo a creación dun Centro Nacional de Competencia (NCC) que sexa capaz de proporcionar unha ampla carteira de servizos de Supercomputación, Big Data e Intelixencia Artificial adaptados ás necesidades respectivas da industria (especialmente pemes), o mundo académico e a administracion pública en España.

https://eurocc-spain.res.es/

Adela Penas Franqueira. Técnico de Proxecto FF4EuroHPC, CESGA.

O proxecto europeo FF4EuroHPC ten como obxectivo expandir e fomentar o uso da supercomputación (HPC) entre as empresas europeas, particularmente, as PEME.

https://www.ff4eurohpc.eu/