POLO DE TECNOLOXÍAS CUÁNTICAS

Galicia Quantum Technologies Hub

 OBXECTIVO:

A iniciativa do Polo de Tecnoloxías Cuánticas nace co ambicioso obxectivo  de posicionar a Galicia como un referente en tecnoloxías cuánticas en 2030.

Descarga aquí a Presentación del Polo de Tecnologías Cuánticas de Galicia
Vídeo de presentación do Polo de Tecnologías Cuánticas de Galicia

As tecnoloxías cuánticas, e especificamente a computación e as comunicacións cuánticas, forman parte das tecnoloxías emerxentes e disruptivas cunha evolución moi rápida e con moitas alternativas diferentes (qubits superconductores, ións atrapados, átomos neutros, etc.), sen que ningunha teña alcanzado unha posición dominante cara ao futuro. Por ese motivo, é importante maximizar o número de tecnoloxías de computación cuántica dispoñibles na infraestrutura.Qmio

Os resultados que se pretenden conseguir con esta primeira actuación son:

– Despregar as infraestruturas mínimas necesarias para a creación do Polo de I+D+i en tecnoloxías cuánticas da información, combinando varias delas e dando como resultado o posicionamento de Galicia nunha situación de liderado nesta tecnoloxía disruptiva.

– Posicionar ao tecido de investigación, tecnolóxico e produtivo de Galicia na vangarda desta tecnoloxía innovadora e de grande futuro, o que facilitará o acceso a novos proxectos nacionais e internacionais punteiros e a creación de novos produtos e servizos innovadores.

– Facilitar unha mellor recuperación da crise conseguindo un efecto duradeiro na transición dixital e na competitividade das empresas da rexión e o mantemento do emprego de alta cualificación.

– Apoiar a transición dixital dos sectores produtivos e de coñecemento galegos e, en concreto, servir de panca ás estratexias con compoñentes dixitais que xa están implementadas e que demandan unha evolución tecnolóxica.

ACTIVIDADES

Actividade 1. Infraestruturas de tecnoloxías cuánticas da información.

Para isto,  Polo de Tecnoloxías Cuánticas despregará unha infraestrutura composta de varios subsistemas incluíndo:

– Un Simulador Clásico de Algoritmos Cuánticos: Trátase dunha infraestrutura de simulación de algoritmos cuánticos composta dun computador clásico deseñado especificamente para a emulación dos computadores cuánticos e un software adaptado á mesma.

– Un computador cuántico: Será un computador cuántico baseado en tecnoloxía europea. A súa capacidade, debido á rápida evolución dos sistemas existentes, estímase que estará entre 20 e 100 cubits.

– Un Sistema de Computación de Altas Prestacións (HPC) e de Almacenamento, exclusivo para computación cuántica: Estes sistemas da infraestrutura de tecnoloxías cuánticas terá unha configuración similar á dun supercomputador clásico. Estará composta de varios nodos de computación, comunicados por unha rede de baixa latencia entre eles, e con enlaces de comunicacións directo aos dos sistemas anteriores.

– Un frontal de acceso que facilite a súa utilización polas diferentes empresas, entidades e grupos de investigación.

O obxectivo destas infraestruturas é permitir o desenvolvemento de algoritmos e aplicacións reais que empreguen computación cuántica nativa ou ben unha computación mixta ou híbrida, onde parte do algoritmo é clásico e outra parte é cuántico. Tamén poderá empregarse no desenvolvemento de algoritmos clásicos de inspiración cuántica. As infraestruturas contarán, ademais, cunha capacidade suficiente para almacenar os datos dos resultados das execucións dos diferentes experimentos que permitan a súa análise posterior.

Actividade 2: Proxectos de I+D+I asociados ás tecnoloxías cuánticas para apoiar a transición dixital. QUANTUM

Esta actividade está centrada fundamentalmente na realización de proxectos de investigación e innovación que permitan a transición dixital ao través do emprego das tecnoloxías cuánticas despregadas na actividade 1. Estes proxectos de I+D+I estarán centrados en:

– Mellora e integración das infraestruturas despregadas na Actividade 1.

– Casos de uso de interese nos sectores estratéxicos de Galicia ou noutros sectores onde a aplicación das tecnoloxías cuánticas puideran amosar unha vantaxe fronte ao emprego das técnicas clásicas.

– Desenvolvemento dun conxunto de programas de avaliación do software e hardware cuántico (benchmarks).

Actividade 3: Plan de implantación.

Para garantir a evolución futura do programa e a súa sostenbilidade, faranse estudos de:

– Plan de tecnoloxías cuánticas que avalíe a contorna internacional e nacional.

– Estudos de demanda.

– Estudos de observación tecnolóxica.

Actividade 4: Accións de comunicación, difusión e formación.

Despregarase unha serie de accións de comunicación, difusión e formación vinculada á utilización das infraestruturas despregadas cos seguintes obxectivos:

– Dar a coñecer o convenio e a importancia das tecnoloxías cuánticas tanto á comunidade investigadora dos Sistema Universitario de Galicia, centros de investigación e empresas como á sociedade en xeral.

– Formar aos usuarios nas infraestruturas despregadas para o seu uso eficiente.

AVANCE

 En 2021:

– Despregada a primeira infraestructura cuántica: un Xerador Cuántico de Números Aleatorios.

– Terminado o Plan de Tecnoloxías Cuánticas.

En 2022:

– Publicación o 8 de xullo de 2022 do concurso público CTS-2022-0005: Subministración dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixo REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Apertura do sobre A do concurso citado, o 11 de agosto de 2022.

– Contratación do persoal adicional previsto no convenio, que se incorporaron ao CESGA entre o 21 de marzo e o 7 de xuño.

Acto de Presentación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas o 15 de xullo de 2022, Lois Orosa, director del CESGA.

Descarga aquí la Presentación del Polo de Tecnologías Cuánticas de Galicia
Vídeo de presentación del Polo de Tecnologías Cuánticas de Galicia

– Contratación en novembro de 2022 de dúas subcontracións de investigación en benchmarking e interfaces de acceso.

O CESGA selecciona o seu Computador Cuántico, un dos máis ambiciosos do Sur de Europa, 19 de decembro 2022.

En 2023:

Computador cuántico de 32 Cúbits para el CESGA, 2 de marzo 2023.

World Quantum Day at CESGA, 14 April 2023.

Fujitsu y CESGA crean un centro cuántico, 21 de abril 2023.

Conferencia, Información Cuántica en España (ICE8). Santiago de Compostela, May 29th to June 1st 2023.

Qmio, o novo computador cuántico do CESGA, 2 de outubro 2023.

Videos Presentación do computador cuántico do CESGA, “Qmio”.

Xornada Técnica de Computación Cuántica, 25 de outubro 2023.

Plan de utilización, xestión e protoloco de acceso á infraestrutura cuántica do CESGA. 30 de outubro  2023.

En 2024:

Aberto o acceso ao computador cuántico Qmio, 15 de maio 2024.

Galicia Quantum Technologies Hub

CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN EXECUTADOS

Code Company name Object View document
CTS-2022-0053 Fundación CITIC Investigación y ejecución benchmarks – I + info
CTS-2022-0053 Fundación CITIC Investigación y ejecución benchmarks – II + info
CTS-2022-0053 Fundación CITIC Investigación y ejecución benchmarks – III + info
CTS-2022-0053 Fundación CITIC Investigación y ejecución benchmarks – IV + info
CTS-2022-0054 Bahia Software, S.L. Diseño sistema conectividad y ejecución programas cuánticos – Estado del arte + info
CTS-2022-0054 Bahia Software, S.L. Diseño sistema conectividad y ejecución programas cuánticos – Software + info
CTS-2022-0054 Bahia Software, S.L. Diseño sistema conectividad y ejecución programas cuánticos – Análisis de requisitos + info
CTS-2023-0043 CTAG – Automotive Technology Centre of Galicia Investigación aplicabilidad tecnologías cuánticas en automoción + info
CTS-2023-0044 CITMAGA – Galician Centre for Mathematical Research and Technology Investigación aplicabilidad tecnologías cuánticas en matemáticas + info
CTS-2023-0045 GRADIANT – Galician Telecommunications Technology Centre Foundation Investigación aplicabilidad tecnologías cuánticas en telecomunicaciones + info
CTS-2023-0046 University of Santiago de Compostela Diseño experimento influencia rayos cósmicos + info
CTS-2023-0047 MD USE Innovations, S.L. Investigación aplicabilidad tecnologías plegamiento peptidos + info
CTS-2023-0048 Ibermática, S.A. Investigación aplicabilidad de computación cuántica en entorno empresarial – Casos de Uso Ponderados + info
CTS-2023-0048 Ibermática, S.A. Investigación aplicabilidad de computación cuántica en entorno empresarial – Calidad de los Datos + info
CTS-2023-0048 Ibermática, S.A. Investigación aplicabilidad de computación cuántica en entorno empresarial – Evaluación de los Modelos (Bechmarket) + info
CTS-2023-0048 Ibermática, S.A. Investigación aplicabilidad de computación cuántica en entorno empresarial – Evaluación de las estrategias en División, Distribución, Paralelización de Modelos + info
CTS-2023-0048 Ibermática, S.A. Investigación aplicabilidad de computación cuántica en entorno empresarial – Informe final del Proyecto + info
CTS-2023-0053 MESTRELAB RESEARCH, S.L. Investigación aplicabilidad computación cuántica RMN + info
CTS-2023-0055 HPC Now Consulting, S.L. Investigación y desarrollo de QRNG + info
CTS-2023-0057 University of Vigo Investigación sobre redes comunicaciones cuánticas + info
Galicia Quantum Technologies Hub