A Infraestrutura Científico Técnica Singular (ICTS) distribuida Rede Española de Supercomputación (RES), da que o Centro de Supercomputación de Galicia é membro, lanza a 6ª convocatoria de propostas de xornadas científicas.
A RES financia con ata 2.000 € gastos asociados á realización de xornadas científicas presenciais ou virtuais no ámbito do uso da supercomputación e/ou a xestión de datos científicos.
As Xornadas Científicas estarán dirixidas á comunidade científica e deberán tratar sobre: as aplicacións da supercomputación en proxectos de investigación dunha área concreta; ou sobre a xestión de datos e resultados científicos. Os participantes poderán compartir resultados obtidos utilizando, ben recursos de supercomputación, métodos, problemas e solucións no uso destes recursos, ou ben proxectos de xestión de datos. Tamén se poderán incluír no programa sesións de formación técnica para usuarios.
A convocatoria está aberta ata o 20 de febreiro de 2022.
Poderán presentar proposta a esta convocatoria todos os investigadores do sistema público de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico español.
Consulte aquí a convocatoria:
Consulte aquí o formulario de solicitude:
Desde o CESGA, animamos aos membros da comunidade usuaria a presentar propostas. Contacten con CESGA a través de promocion@cesga.gal se ten interese en presentar proposta.