O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) participa en proxectos para a mellora da xestión de descartes xunto ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) e ao Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC).
O programa Vivir o Mar da TVG emitiu o 16 de xaneiro unha ampla reportaxe na que deu conta dos desenvolvementos realizados nos proxectos Life i-Seas, Sicaptor e Geocap.

Esta reportaxe está dispoñible na sección referida a intelixencia artificial no seguinte enlace:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-1059-intelixencia-artificial-na-pesca-estrelas-de-mar-proxecto-plancton-5479208?t=42