Project Description
E-intervención
Periodo:2006-10-02 – 2009-10-30 (18 meses).
Entidad financiadora: D.X. de ID
O proxecto E-Intervención tivo como obxectivo estudar e analizar o impacto da utilización das TIC na atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias. Neste proxecto seleccionaronse 5 familias de persoas con discapacidade para que os profesionais asesoren mediante a utilización de contornas virtuais de comunicación. Esta metodoloxía de comunicación permitirá aos profesionais responder ás necesidades das familias en tempo real (a través da utilización de ferramentas de comunicación sincrónicas) ou en diferido (ferramentas de comunicación asincrónicas). Ademais tamén se evita o desprazamento periódico que teñen que realizar as familias. A avaliación final desta proba piloto determinará en que medida as TIC poden contribuír ao avance da calidade de vida das familias das persoas con discapacidade.
- Socios: CESGA e UDC
- Responsable: Manuel Gromaz Campos