UCHUU recoñecido nos UNESCO NETEXPLO INNOVATION AWARDS 2022

O proxecto Uchuu, que significa Universo en xaponés, ven de ser galardoado nos premios anuais á innovación de UNESCO Netexplo.

Netexplo é un observatorio independente que estuda o impacto da tecnoloxía dixital na sociedade e nos negocios. Netexplo está asociado a UNESCO dende 2011. A gala na que foron anunciados os premios á innovación celebrouse en París o pasado 13 de abril.

Netexplo recoñece así a este “xemelgo dixital” do Universo creado a través dunha colaboración internacional de grupos de investigación. Uchuu foi desenvolvido polo Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ) en colaboración co Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC), o Centro de Supercomputación de Galicia e a RedIRIS, a rede académica e de investigación española. Tamén participaron na iniciativa outros grupos de investigación de Xapón, Estados Unidos, Arxentina, Australia, Chile, Francia e Italia.

O CESGA, a través da súa plataforma de Big Data, facilita acceso a esta simulación consistente en 2.1 trillóns de partículas nun cubo computacional sen parangón de 9.63 billóns de anos-luz de lado. Uchuu revela a evolución do universo ao longo de 13 billóns de anos nun tamaño e detalle inconcibibles ate o de agora.


Páxina web do Premio UNESCO Netexplo:
https://www.events.netexplo.com/forum-innovation-2022/en/content/uchuu
Páxina web do proxecto Uchuu:
http://www.skiesanduniverses.org/Simulations/Uchuu/
Acceso á plataforma Uchuu-BigData no CESGA:
http://www.skiesanduniverses.org/Simulations/Uchuu/Uchuu-BigData@CESGA/

Referencia científica:
Ishiyama, T., Prada, F., Klypin, A. A., et al., The Uchuu
Simulations: Data Release 1 and Dark Matter Halo
Concentrations. Monthly Notices of the Royal Astronomical
Society. DOI: https://doi.org/10.1093/mnras/stab1755