CESGAHACK6: o evento que axuda a científicos e desarrolladores a acelerar a execución do seu software científico nun día

O CESGAHACK celebrará a súa sexta edición o próximo 25 de outubro co obxectivo de axudar a equipos científicos e de desenvolvemento de aplicacións cientificas a acelerar o tempo de execución e reducir o tempo que pasan codificando.

Os organizadores, Codee e CESGA xunto co proxecto EuroCC, unen a súa extensa experiencia en programación paralela e HPC para dar a oportunidade de participar a proxectos ou empresas que teñan relación coa Rede Española de Supercomputación.

O propósito é que poidan chegar a optimizar os seus programas de simulación explorando a vectorización e a memoria compartida nas contornas de programación paralela OpenMP e MPI.

Ademais, os participantes terán a oportunidade de utilizar Codee , a plataforma de desenvolvemento que proporciona inspección de código automatizada deseñada especificamente para mellorar o rendemento do software, así como o acceso ao supercomputador Finisterrae III do CESGA.

En edicións anteriores, os equipos viñeron de diferentes campos e organismos tales como o CSIC, o Instituto de Astrofísica de Canarias, o Instituto Politécnico de Cávado e Ave, as Universidades de Santiago de Compostela, Málaga, Vigo, A Coruña, Rey Juan Carlos, etc.

 O que necesitas saber para participar:

Cando e onde? levará a cabo virtualmente o 25 de outubro de 2022.

Para quen? Está destinado a equipos de desenvolvemento situados en España, con pouca ou ningunha experiencia no rendemento do software.

Canto costa? Esta formación é completamente gratuíta. Forma parte da oferta formativa do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) financiado polo proxecto EuroCC.

Prazas? As solicitudes pasarán por un proceso de selección xa que as prazas están limitadas a 5 equipos, con máximo dúas persoas por equipo.

REXISTRO (aberto ata o 17/10): https://forms.gle/1KyePqKqkaP6xi8x6

Máis información: https://www.codee.com/cesgahack6/

Contacto: training@codee.com


O proxecto EuroCC recibiu financiamento da Empresa Común Europea de Informática de Alto Rendemento (European High-Performance Computing Joint Undertaking- EuroHPC-JU) en virtude do acordo de subvención No 951732. A EuroHPC-JU recibe apoio do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea e de Alemaña, Bulgaria, Austria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania, Letonia, Polonia, Portugal, República Checa, Rumania, Suecia, Reino Unido, Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Eslovaquia, Noruega, Suíza, Turquía, República de Macedonia do Norte, Islandia e Montenegro.