Referencia: INT-22-TSAPLI
Resumo:
Buscamos a unha persoa con vocación de servizo, motivada e proactiva para axudar aos investigadores, técnicos e empresas no uso das infraestruturas de computación do CESGA, así como responsabilizarse da instalación e o mantemento das aplicacións de uso científico instaladas. Tamén terá oportunidade de participar en proxectos de I+D+i nacionais e internacionais relacionados coa Computación de Altas Prestacións (HPC).
A función principal da persoa candidata será dar soporte aos usuarios do CESGA en temas asociados ao cálculo científico e técnico así como no uso eficiente das infraestruturas despregadas no CESGA. En concreto deberá participar na determinación, implantación, promoción e xestión das aplicacións de uso científico nas infraestruturas do CESGA, para prover de solucións aos usuarios do centro, integrada no departamento de Aplicacións e Proxectos do CESGA.
Ademais, o CESGA participa en diversos proxectos de I+D+i competitivos financiados con fondos públicos e por empresas, que abarcan desde o soporte ás PEMES no uso da computación de altas prestacións, ata a IA aplicada á industria ou a medicina, ou as tecnoloxías cuánticas. O obxectivo é posicionar ao CESGA como un centro de referencia nestas tecnoloxías nos próximos anos.
Traballará integrada nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia no soporte ao cálculo científico e a realización de proxectos de I+D+i, onde se valora especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas. Poderá aprender e contribuír ao desenvolvemento da ciencia en Galicia, España e Europa.
Ofrécese un contrato temporal de substitución de persoa traballadora, dun máximo de 3 anos de duración segundo a normativa vixente. Pero é intención do CESGA convocar a praza de estabilización do posto nun futuro próximo (antes da finalización do contrato). Este contrato permitirache involucrarche nesta liña de actividade e adquirir a experiencia e formación necesarias para tarefas primordiais no CESGA e na comunidade investigadora.
O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, está comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 50% do tempo, ten en conta as túas necesidades de conciliación coa vida familiar, e permite flexibilizar a xornada #de acordo con as túas necesidades. Ademais, considera que a formación do seu persoal é un activo, polo que terás acceso a cursos sobre as tecnoloxías que se usan no CESGA así como sobre outras tecnoloxías e técnicas de gran interese no futuro.
Requisitos mínimos do/a candidato/a:
- Licenciatura en Ciencias da Terra, Física e astronomía, Enxeñería eléctrica, Enxeñería electrónica e Enxeñería da telecomunicación, Enxeñería industrial, Enxeñería mecánica, Enxeñería automática, Enxeñería da organización industrial e Enxeñería da navegación, Enxeñería informática e de sistemas, Enxeñería química, Enxeñería dos materiais e Enxeñería do medio natural, Matemáticas e estatística, Química. Ramas de coñecemento de Ciencias, Enxeñería e Arquitectura.
- Demostrar coñecementos de ínguas Medio (equivalente a B1).
- Coñecemento de galego, ou compromiso de aprendelo coa nosa axuda e soporte.
- Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES.
Documentación necesaria:
- Copia da titulación requirida.
- Copia do expediente académico.
- Currículo.
- Titulación Inglés nivel (na súa falta farase proba de nivel básico).
- Titulación Gallego (ou compromiso de aprendelo).
- Para a documentación asociada aos requisitos adicionais (non obrigatorios), ver o Anexo B do documento BASES.
Documentación do proceso:
15/03/2023: Resultado do proceso de selección
09/03/2023: Puntuación final
03/03/2023: Valoración definitiva de méritos
27/02/2023: Valoración provisional de méritos
23/02/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
14/02/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos
26/01/2023:
- Anuncio DOG, 26 de xaneiro 2023
- Bases da convocatoria
- Modelo de solicitude
- Modelo de datos persoais
- Modelo de méritos
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en: emprego@cesga.gal