Posto: Técnicos/as superior investigadores/as

Referencia: FNS-23-TSINV1

Referencia: FNS-23-TSINV2

Resumo:

Buscamos dous técnicos/as superiores para colaborar na liña de investigación de aplicación da Intelixencia Artificial ao sector Industrial, é unha liña de traballo prioritaria a nivel internacional. O CESGA, en colaboración con outras entidades, vén desenvolvendo proxectos de investigación neste campo para que sexa posible aproveitar os datos dos procesos produtivos, a capacidade computacional do CESGA e as técnicas máis innovadoras de Deep Learning e Optimización para a mellora de procesos industriais e propios.

Este tipo de tecnoloxía pódese utilizar para:

  1. Creación de sensores virtuais, é dicir, predición de valores de medidas físicas a partir de series temporais multivariadas doutros sensores, xa sexa no tempo actual ou no futuro.
  2. Detección de anomalías nos datos de entrada destas series multivariadas.
  3. Creación de modelos de procesos que permitan o control en tempo real das principais variables do proceso.
  4. Outros usos nos que a predición baseada en datos existentes do proceso de produción pode resultar vantaxosa.

As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato de actividades científico-técnicas, de duración indefinida a tempo completo, regulado en particular polo artigo 23 bis da Lei 17/2022, de 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, á Tecnoloxía e a Innovación e polo disposto no Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e a lexislación aplicable

Salario: 31.394,16 euros brutos anuais distribuídos en 14 pagas.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de até o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos dos candidatos:

  • Algunha das seguintes titulacións: Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior contido no Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo. Deben estar en posesión de títulos oficiais, ou equivalentes, e de máster universitario, ou equivalente, superando, polo menos, 300 créditos ECTS na combinación destes dous ensinos (ver as condicións específicas nas bases).
  • Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
  • Coñecemento de galego.

Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para valorar os méritos debe achegarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.


Documentación do proceso:

18/12/2023: Resultado do proceso de selección
13/12/2023: Puntuación final
28/11/2023: Valoración definitiva de méritos
23/11/2023: Valoración provisional de méritos
22/11/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
16/11/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos

Publicado: 31/10/2023
Anuncio DOG, 31 de outubro de 2023
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.