Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude

Nesta sección pode consultarse o plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico De Supercomputación De Galicia (en diante CESGA), dispoñible nesta ligazón (PDF).

Canle de denuncias

Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias do CESGA, que é a canle electrónica habilitada polo CESGA en aplicación artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.

A comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:

  • Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
  • Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.

Acceso á canle de denuncias: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias?langId=gl_ES