Título: Simulación LiDAR operativa e intelixencia artificial con HELIOS++ e VL3D
O taller está dirixido a todos aqueles interesados en simulación LiDAR operativa para a xeración de nubes de puntos virtuais, con aplicacións para a preparación de campañas de adquisición de datos e o adestramento de modelos de intelixencia artificial.
Data: Luns 21 de Outubro de 2024
Horario: 09:00 AM a 14:00 PM
Lugar: CESGA, Santiago de Copostela
Contido:
1) HELIOS++ básico
2) Descanso-1
3) HELIOS++ avanzado e PyHelios
4) Descanso-2
5) VirtuaLearn3D
Requisitos hardware
CPU: Mínimo 4 cores a 2GHz
RAM: Mínimo 8 GiB
DISCO: Polo menos 50 GiB de espazo dispoñible
RED: Conexión a internet
Requisitos previos do alumno
Requisitos necesarios: XML, JSON e execución de binarios desde consola/terminal.
Requisitos recomendados: Python scripting e Jupyter-notebook.
Profesorado:
Alberto Esmorís
Alberto doutorouse en Investigación en Tecnoloxías da Información pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre computación de altas prestacións e intelixencia artificial aplicadas ao procesamento de nubes de puntos.
Como parte do seu traballo no grupo de investigación 3DGeo de Universität Heidelberg desenvolveu o software de simulación láser operativa HELIOS++ amplamente utilizado na estado da arte da literatura científica e financiado por múltiples proxectos da Deutsche Forschungsgemeinschaft e o ministerio alemán de educación e investigación. Tamén desenvolveu o framework VL3D de intelixencia artificial para nubes de puntos que proporciona tanto métodos de aprendizaxe computacional clásico como redes neuronais especificamente deseñadas para traballar en espazos de datos desestructurados.
Miguel Yermo
Miguel é graduado en Física, cun #máster en Matemática Aplicada, e doutor no ámbito de procesamento de datos LiDAR mediante técnicas de computación de altas prestacións. Traballou no desenvolvemento e mantemento de HELIOS++ co grupo 3DGeo da Universidade de Heidelberg, despregando o software en contedores Docker e realizando probas de rendemento en máquinas Windows.