TÉCNICO/A DE PROXECTO
Referencia: EDD-DATALIFE-24-TP1-TP2-TP3
Resumo:
Buscamos tres técnicos/as de proxecto que entre outras funcións (recollidas nas bases) terán as de Investigación e desenvolvemento das tecnoloxías implementadas no espazo de datos en saúde, deseño de solucións avanzadas en desenvolvemento da implementación de arquitecturas e software para a investigación na contorna do espazo de datos OneHealth en áreas como intelixencia artificial ou big data…
Serán responsables baixo a responsabilidade do técnico/a coordinador/a de proxecto – datos, de dar soporte á creación dun Demostrador de Espazos de Datos que integre os casos de uso vinculados ao proxecto One-Health.
A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Ofrécese un contrato de traballo temporal (disposición adicional décima da Lei 17/2022, do 5 de Setembro), desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE.
Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo.
Salario: 32.334,54 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.
O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo con as túas necesidades.
Requisitos mínimos dos candidatos:
Nivel 2 (Grao) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 822/2021. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, tendo superados, polo menos, 240 créditos ECTS. Adscrición: consultar as bases.
Publicado o 14/01/2025:
Bases de la convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria
Instruccións para cubrir a solicitude
Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)
Se tes calquera pregunta uo dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal
Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.