TÉCNICO DE APOIO DE XESTIÓN DA INVESTIGACIÓN

Referencia: EDD-DATALIFE-24-TEX1

Resumo:

Buscamos un Técnico de apoio de xestión de investigación que entre outras funcións (recollidas nas bases), baixo a dirección do técnico/a coordinador/a de o proxecto terá as tarefas administrativas e de xestión asociadas ao proxecto, tanto no relativo aos procesos internos do CESGA como no relativo á tramitación dos requirimentos da entidade financiadora do proxecto…

Será responsable baixo a dirección do técnico/a coordinador do proxecto das tarefas administrativas e de xestión asociadas ao proxecto, tanto no relativo aos procesos internos do CESGA como no relativo á tramitación dos requirimentos da entidade financiadora do proxecto para garantir o éxito e cumprimento dos obxectivos previstos.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas. Ofrécese un contrato de traballo temporal (disposición adicional décima da Lei 17/2022, do 5 de setembro ) , desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE. Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo.

Salario: 23.531,01 euros brutos anuales en 14 pagas. Centro de trabajo en Santiago de Compostela.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo con as túas necesidades.

Requisitos mínimos dos candidatos: Formación Profesional Grao Medio na familia profesional de Administración e Xestión.


Publicado o 14/01/2025:

Bases da convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria

Instruccións para cubrir a solicitude

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)

Si tes calquera pregunta o dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.