DESENVOLVEDOR/A FULL-STACK

Referencia: EDD-DATALIFE-24-DES-FULL

Resumo:

Buscamos un Desenvolvedor/a Full-Stack, que entre outras funcións (recollidas nas bases), terá a de desenvolver aplicacións web e solucións tecnolóxicas que combinen front-end e backend, garantindo a funcionalidade e usabilidade das ferramentas…

As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato de traballo temporal (disposición adicional décima da Lei 17/2022, do 5 de setembro ) , desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE. Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo.

Salario: 32.334,54 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.

Requisitos mínimos dos candidatos: Nivel 2 (Grao) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 822/2021. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, tendo superados, polo menos, 240 créditos ECTS.


Publicado o 14/01/2025:

Bases da convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria

Instruccións para cubrir a solicitude

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.