Posto: Técnico/a superior de proxecto EGI-ANERIS

Referencia: EGI-ANERIS-24-TSP1

Resumo:

Buscamos 1 técnico/a superior de proxecto apaixonado na área de tecnoloxías da información e a súa aplicación ao sector de ciencias do mar, que entre outras funcións (recollidas nas bases) terá as de colaboración no despregamento e operación das infraestruturas de computación e almacenamento do proxecto, así como o soporte técnico a usuarios.

Será responsable de estender o Data Lake do CESGA para o seu acceso á comunidade de usuarios do proxecto ANERIS, incluíndo novos repositorios de datos e casos de uso.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Web proxecto: https://www.egi.eu/project/aneris/

Ofrécese un contrato de traballo temporal desde a firma ata a data de finalización do proxecto ANERIS, estimada no 31/12/2026.

Aproximadamente 20 meses. Xornada a tempo completo.

Salario bruto anual: 32.334,49€

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

Documentación do proceso

07/04/2025: Lista provisional de persoas admitidas e exluidas


Publicado: 13/03/2025

Anuncio DOG, 13 de marzo 2025
Bases da convocatoria

Instruccións para o envío da solicitude

Modelo de solicitude (docx)
Modelo de solicitude (odt)