Este proxecto ten como obxecto a realización das actualizacións do nodo CESGA dentro do Plan Estratéxico 2021-2024 da ICTS distribuída RES, que aumentarán significativamente as capacidades da RES e mellorarán aínda máis a diversidade de arquitecturas e servizos relacionados.
O financiamento produciráse a través do contrato ICTS-MRR-2024-10-CESGA (RES), amparado polo Real Decreto 714/2024, de 23 de xullo, polo que se regula a concesión directa de diversas subvencións para o fortalecemento das capacidades, infraestruturas e equipamento de salas brancas de micro e nanofabricación e de centros de supercomputación no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola UE Next Generation. Neste Decreto concédese subvención, para a mellora das instalacións necesarias de computación, os sistemas de almacenamento de datos e desenvolvementos asociados á tecnoloxía cuántica. A actuación tamén forma parte do PERTE Chip, as actividades que levarán a cabo integranse na I+D+i sobre microprocesadores de vangarda e de arquitecturas alternativas.
As actividades a realizar dentro do proxecto descríbense a continuación:
- Finisterrae IV: A actividade consiste no despregamento dun novo supercomputador cunha potencia pico estimada de 20 PFLOPS. O proxecto supón a adquisición da que será a infraestrutura principal de HPC do CESGA nos próximos anos complementando e substituíndo a Finisterrae III.
- Datacenter: O obxectivo desta actuación é construír o centro de datos imprescindible para albergar todas as infraestruturas do CESGA, especialmente incluídas neste plan. A actuación incluirá todos os elementos necesarios para a instalación de electricidade, refrixeración, detección e extinción de incendios, equipos de seguridade, liña eléctrica, etc. dos novos sistemas de supercomputación e almacenamento.
- Quantum computer PHASE II: Consiste en instalar unha infraestrutura de computación baseada en tecnoloxía de hardware cuántico.
- Permanent Data Storage System: second expansion of storage capacity: Adquisición dun sistema de almacenamento de alta capacidade que incluirá capacidade estimada de 100 PB en tecnoloxía de cinta e 25 PB de almacenamento en liña baseado en tecnoloxía de disco ou flash. Proporcionará funcións de arquivo e copia de seguridade a longo prazo.
Os postos requiridos na presente convocatoria desenvolverán as diferentes tarefas necesarias para a adquisición, despregue e posta en operación das infraestruturas e obras contidas nas actividades indicadas no parágrafo anterior.
Denominación do posto | Prazas | Data límite solicitudes |
---|---|---|
Técnico/a de investigación senior 1 HPC | 6 | 02/05/2025 |
Técnico/a especialista de investigación HPC | 1 | 02/05/2025 |
Técnico/a de investigación superior 1 DATA | 1 | 02/05/2025 |
Técnico/a de investigación senior 1 COM | 1 | 02/05/2025 |
Técnico/a de investigación senior 1 DC | 1 | 02/05/2025 |
Técnico/a superior de proxecto PROMO | 1 | 02/05/2025 |
Técnico/a coordinador/a de proxecto XESTIÓN | 1 | 02/05/2025 |
Técnico/a especialista de investigación en Administración e Secretaría | 1 | 02/05/2025 |
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.