Posto: Técnico/a especialista en investigación
Referencia: PERTE47-25-TEI-HPC
Resumo:
O posto ten como cometido a realización de tarefas de deseño, adquisición, instalación, configuración, posta en operación e servizo de arranque inicial das infraestruturas e servizos dos proxectos do Plan Estratéxico da RES 2021-2024 (denominados no seu conxunto proxecto PERTE47). Terá como actividade principal a realización de todas aquelas tarefas técnicas necesarias para a posta en operación dos proxectos do PERTE47, particularmente os de “RES-CESGA-03 Finisterrae IV” e “RES-CESGA-04b Permanent Data Storage System”.
A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Titulación requerida: Formación Profesional de Grao Superior na Familia Profesional de Informática e Comunicacións.
Duración do contrato: desde a firma ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).
Xornada laboral a tempo completo, posibilidade de teletraballo a tempo parcial.
Salario bruto anual: 23.531,31 €
Publicado o 15/04/2025:
Anuncio DOG, 15 de abril 2025
Bases da convocatoria
ANEXO 02: Cadro de postos da convocatoria
ANEXO 01: Modelo de solicitude (docx)
ANEXO 01: Modelo de solicitude (odt)
ANEXO 03: Modelo de alegación ou recurso (docx)
ANEXO 03: Modelo de alegación ou recurso (odt)
Instrucións para o envío da solicitude
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.