Posto: Técnico/a superior de investigación

Referencia: PERTE47-25-TINV_SUP1-DATA

Resumo

O posto ten como cometido a realización de tarefas de deseño, adquisición, instalación, configuración, posta en operación e servizo de arranque inicial das infraestruturas e servizos dos proxectos do Plan Estratéxico da RES 2021-2024 (denominados no seu conxunto proxecto PERTE47). Terá como actividade principal a realización de todas aquelas tarefas técnicas necesarias para a posta en operación dos proxectos do PERTE47, particularmente os de “RES-CESGA-03 Finisterrae IV” e “RES-CESGA-04b Permanent Data Storage System”.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Titulación requerida: Nivel 2 segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo.

A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento, segundo o Real Decreto 822/2021 (Anexo 1):

• Ciencias da Terra.
• Física e astronomía.
• Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñería da telecomunicación.
• Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.
• Enxeñaría informática e de sistemas.
• Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
• Matemáticas e estatística.
• Química

Transitoriamente, para equivalentes a Nivel 2 MECES e de titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:

• Ciencias.
• Enxeñaría e Arquitectura.

Duración do contrato: dende a sinatura ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).

Xornada laborala tempo completo, posibilidade de teletraballo a tempo parcial.

Salario bruto anual: 26.024,87 €


Publicado o 15/04/2025:

Anuncio DOG, 15 de abril 2025
Bases da convocatoria
ANEXO 02: Cadro de postos da convocatoria

ANEXO 01: Modelo de solicitude (docx)
ANEXO 01: Modelo de solicitude (odt)

ANEXO 03: Modelo de alegación ou recurso (docx)
ANEXO 03: Modelo de alegación ou recurso (odt)

Instruccións para o envío da solicitud

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Fondos PERTE47

:

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.