Almacenamento de datos

O servizo de almacenamento de datos que proporciona o Cesga está orientado ao almacenamento e tratamento de información de altas prestacións, grandes volumes de datos e de alta dispoñibilidade e o acceso desde calquera computador conectado á rede Internet.

almacenamiento de datos en cinta

Clasificación da información no CESGA

Atendendo a estes criterios, realizamos unha clasificación da información dispoñible e os servidores de cálculo e almacenamento en 4 tipos:

  • Tipo 1 ou SCRATCH: De moi alto rendemento (moi baixa latencia e máximo ancho de banda), posto que afecta o rendemento dos sistemas de cálculo do centro, e capacidade media (en función do número de traballos simultáneos que deba soportar), xa que os datos almacénanse unicamente mentres dure a execución dos cálculos. A súa dispoñibilidade pode ser baixa (xa que son datos temporais) e non é necesario realizar backups por este mesmo motivo.
  • Tipo 2 ou directorios home: Contendo datos susceptibles de ser analizados e modificados en calquera momento e críticos, xa que da súa dispoñibilidade depende o funcionamento dos servizos de cálculo do centro. Por tanto deben ter como prioridade a dispoñibilidade (máxima) e un adecuado balance entre capacidade (media, en función do número de usuarios), e rendemento (medio), e do cal se realizan backups de forma diaria.
  • Tipo 3 ou almacenamento masivo de datos (MSS): utilizados para almacenar bases de datos e resultados de experimentos, normalmente non varían o seu ontenido (adoitan ser do tipo WORM) e a súa velocidade de acceso non adoita ser crítica, aínda que si requiren dun elevado ancho de banda de acceso aos servidores, xa que poden ser o lugar onde se almacenen resultados de experimentos. A realización dos backups pode ser levada a cabo baixo demanda, debido a que o seu contido só se modifica esporadicamente. Exemplos deste tipo de datos son os resultados da prediccion meteorolóxica diaria ou as bases de datos utilizadas en xenómica.
  • Tipo 4 ou backups (internos e externos) a disco: Son copias de datos que os usuarios realizan dos seus propios servidores ou os seus computadores persoais, nos sistemas de almacenamento do CESGA, para dispor dunha copia de seguridade dos seus datos. Deste tipo de datos xa non é necesario realizar backups (eles mesmos son “o” backup), a dispoñibilidade do servizo pode ser baixa. O servizo é ofrecido a través da rede (interna ou externa) polo que o tipo de conexión non require dun rendemento alto (o pescozo de botella sitúase na interconexión do usuario final co almacenamento). A capacidade pode ser baixa ou media, en función do número de usuarios ou centros aos que se de servizo.
  • Tipo 5 ou SCRATCH PARALELO: De moi alto rendemento (moi baixa latencia e máximo ancho de banda), similar ao Tipo 1 co engadido de que os datos scratch compártense entre todos os nodos do cluster e están repartidos entre eles, o que permite aumentar o ancho de banda de acceso aos ficheiros e a capacidade total do scratch por encima da capacidade do disco local. A súa dispoñibilidade pode ser moi baixa debido a que depende de moitos compoñentes que non están redundados e non se realiza backups destes datos.

Backups
Conectividade Capacidade Compartición
Tipo 1
Scratch
NON Baixa latencia, máximo ancho de banda Media (20%) Sen compartir
Tipo 2

Home

Diaria Media Media (30%) Entre todos os nodos do sistema ou cluster
Tipo 3

MSS

On-demand Rede intranet o FC. Máxima compartición con altos anchos de banda internos Máxima (90%) Alta, interna ó centro e esporádicamente externa
Tipo 4

Backups

Sen *backup Rede, intranet e internet, con anchos de banda medios Baja (10%) Máxima, inclue sistemas internos e externos
Tipo 5

Scratch Paralelo

NON Baixa latencia, máximo ancho de banda Alta (50%) Sen compartir

Servizos de Almacenamento do Centro de Supercomputación de Galicia

Descrición do Servizo

O servizo de backup remoto ofrece a posibilidade de facer copias de seguridade dos usuarios a través da rede ao sistema de backups do centro, ben a disco ou a cinta, en función das necesidades, así como especificar a periodicidade e tipos de backups

Solicitude do Servizo

Poderá solicitarse este servizo a través do formulario de solicitude do servizo de almacenamento. Unha vez enviado o formulario de solicitude do servizo, porémonos en contacto para acordar os procedementos e tipos de backups que mellor se adápten aos requisitos dos datos.

Tarifa

O custo do servizo imputarase en función da cantidade de GB dos que se vaia a realizar o backup

Política de uso

Na seguinte ligazón descríbese a política de uso aceptable que todo usuario do servizo debe cumprir

Descrición do servizo

O servizo de almacenamento de datos que proporciona o Cesga, está orientado ao almacenamento e tratamento de información de altas prestacións, grandes volumes de datos e de alta dispoñibilidade e o acceso desde calquera computador conectado á rede Internet.

Solicitude do servizo

Para poder utilizar o servizo de almacenamento é necesario dispor dunha conta de usuario nos servidores do CESGA, para o que, se non se dispón dela, é necesario encher e enviar completado e asinado o formulario de alta de usuario: https://altausuarios.cesga.es/

O seguinte paso consiste en cumprimentar o formulario de solicitude do servizo de almacenamento (require unha conta de usuario), para o que haberá que determinar a cantidade de información que se desexa almacenar e cales son as características desta información. Co fin de orientar ao usuario do servizo nesta clasificación, recomendamos ler o apartado seguinte para a clasificación da información e, en caso de dúbidas, contactar co departamento de sistemas do CESGA a través do seguinte formulario de contacto.

Unha vez enviado o formulario de solicitude do servizo, o CESGA porase en contacto con vostede para informarlle das caracterísitcas do sistema de almacenamento que se pon á súa disposición, e de como pode comezar a utilizalo desde ese momento.

Tarifas

O custo do servizo determinarase en función das características solicitadas, polo que a súa valoracion realízase para cada caso particular

Política de uso

Na seguinte ligazón descríbese a política de uso aceptable que se debe cumprir.