Aplicacións

O CESGA proporciona o acceso a centenares de aplicacións e librerías de uso científico e técnico. Para a xestión das instalacións, probas destas, utiliza as máis modernas técnicas de xestión implantadas en centros de supercomputación de todo o mundo.

A instalación de novas aplicacións ou de novas versións, realízase coa suite de xestión EasyBuild (https://easybuilders.github.io/easybuild/), que automatiza os procesos de compilación, instalación, configuración e proba. Unha vez instalada unha aplicación, o usuario do CESGA pode configurar a súa contorna de traballo adecuadamente, usando a tecnoloxía proporcionada por LMOD (https://www.tacc.utexas.edu/research-development/tacc-projects/lmod). O uso de ambas ferramentas reduce a probabilidade dunha execución incorrecta do software debido a incompatibilidades entre distintas linguaxes e librerías.

Aplicacións

A maior parte das aplicacións instaladas, son de software libre, aínda que é posible que, se o necesita, póidanse instalar e executar aplicacións comerciais ou con licenza. De feito, o CESGA ten acordos con algúns desarrolladores de software científico-técnico que requiren licenza persoal, para facilitar o acceso nos seus  supercomputadores a este software xa  precompilado, como pode ser  VASP.

Cada aplicación instalada, clasifícase nunha área de interese. Para ver unha descrición de cada área e as aplicacións dispoñibles nela, faga “click” en cada unha delas na árbore seguinte. Se busca unha aplicación específica, utilice a procura, introducindo o nome da aplicación e prema sobre o botón Search. Se necesita unha aplicación que non estea nesta lista ou da que ten licenza e queira executala no CESGA, non dubide en poñerse en contacto connosco a través do portal de usuarios ou usando o formulario de solicitude de servizos.

Para unha información máis detallada sobre as aplicacións instaladas, recoméndase aos usuarios conectarse ao FT3 e executar o comando «module spider <cadea_a_buscar>».

CESGA apps