O 23 de xaneiro de 2020 en Santiago de Compostela celebrouse unha xornada de traballo para a presentación do proxecto europeo TRAFAIR: Understanding traffic flows to improve air quality, no que participan seis cidades e institucións europeas, entre as que se atopa o Concello de Santiago de Compoatela, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).

A xornada foi inaguara polo Alcalde de Santiago, D. Xosé Sánchez Bugallo, Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica dá USC, D. Gumersindo Feijoo Costa,  a Directora dá Axencia Galega de Innovación, dá Consellería de Economía, Emprego e Industria, Dna. Patricia Argerey Vilar e a Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dna. María Cruz Ferreira Costa.

Patricia Argerey, na súa calidade de Presidenta do CESGA, enmarcou este proxecto no compromiso de Galicia coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas que perseguen conseguir a igualdade entre as persoas, protexer o planeta e asegurar a prosperidade no horizonte do 2030, e sinalou que a I+D+i está chamada a desenvolver un papel crave na consecución destes obxectivos. Ademais, a Comisión Europea situou a Investigación e a Innovación Responsable como un dos principios xerais e transversais dos seus programas de I+D+i e a

Axencia Galega de Innovación está á integrar tamén nos seus instrumentos de axuda, valorando, entre outros, o impacto social dos proxectos de I+D+i.

O proxecto que foi presentado polo Dr. José Ramón Ríos Viqueira ( CITIUS – USC), Director do Proxecto TRAFAIR do Nodo Santiago de Compostela

TRAFAIR for improve air quality

O obxectivo deste proxecto, que está financiado polo programa europeo Connecting Europe Facility in Telecom 2014-2020, é desenvolver servizos innovadores e sustentables que combinen datos de calidade do aire, condicións climáticas e fluxos de tráfico para producir información en beneficio da cidadanía, ao contribuír á mellora da calidade do aire nas cidades a través dunha ferramenta integral e rápida que permita estimar o nivel de contaminación derivada de diferentes condicións de fluxo de tráfico, permitindo así optimizar as estratexias de control.

O CESGA pon as súas infraestruturas de supercomputación e almacenamento masivo de datos ao servizo da cidadanía e das administracións para que dispoñan dun mapa da calidade do aire e do fluxo de tráfico na cidade de Santiago de Compostela; e xerando software de código aberto que permita realizar este tipo de simulacións sen recorrer ás solucións propietarias existentes.

Máis información en:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46470/xunta-participa-proyecto-europeo-para-mejorar-calidad-del-aire-las-ciudades?langId=es_ES

https://citius.usc.es/investigacion/proxectos/listado/understanding-traffic-flows-to-improve-air-quality

http://trafair.eu/