Aula Cesga é a plataforma de aprendizaxe e colaboración remota do CESGA, a disposición de investigadores e docentes galegos para os seus grupos de aprendizaxe e proxectos de colaboración. Está baseada en Chamilo, un software de código aberto líder en e-learning.
O próximo día 22 de novembro presentaremos, en colaboración coa Asociación Chamilo, as novidades e posibilidades desta plataforma, que agora permite unha aproximación máis social á xestión do coñecemento e a colaboración, integración de ferramentas de traballo e creación de materiais, e un acceso totalmente adaptado a tablets e teléfonos.