Hoxe, 28 de febreiro, celebrouse en Santiago unha xornada de presentación dos HUBS de Innovación Dixital en Galicia (DIH). Os Hubs de Innovación Dixital promovidos pola Xunta ofrecen ás pemes galegas a canle máis rápida e eficiente para abordar con éxito a súa dixitalización. O resultado serán empresas máis modernas, conectadas e máis competitivas.
Este evento organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) contou coa participación dun representante da Comisión Europea, da DG CNET, e outro do Ministerio de Industria para explicar as posibilidades que se abren para as pemes a través dos Hubs.
Nesta xornada presentáronse dúas DIH estratéxicos apoiados polo Goberno Gallego. Carme Pampín, Presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida ( BIOGA), presentou o Hub DATALife e Juan Antonio Lloves, Presidente da Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia ( CEAGA), presentou Galicia FoFHUB. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) participa como socio fundador en ambos os HUBS aos que presta soporte en computación, almacenamento e comunicacións de altas prestacións.
Máis información: http://gain.xunta.gal/novas/1274/xunta+senala+hubs+innovacion+seran+claves+industria+gallega+retos+digitalizacion