Taller Uso FinisTerrae II
O Taller será online ( webinar CESGA) e terá lugar o xoves día 16 de abril de 2020 en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h.
Se o número de asistentes é moi elevado haberá unha segunda sesión o venres día 17 de abril en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h.
O mércores 15 de abril enviaranse os detalles necesarios para a conexión aos asistentes.
Dirixido a usuarios noveis ou potenciais usuarios do computador Finisterrae II, co obxectivo de que coñezan o equipo e aprendan a utilizalo para as súas propias aplicacións ou as que xa están dispoñibles.
Recomendámoslle: Para a conexión necesitará un naveador con soporte html 5.0 recoméndase Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft Edge ou Internet Explorer xa que pode xerar problemas.
Contido
Descrición FinisTerrae II:
Arquitectura cluster
Nomenclatura: Nodo/Socket/Core/Hilo
Descrición do hardware
Acceso:
Conta de usuario: dereitos e obrigas. Portal. Consumos do portal
SSH: descrición e programas dispoñibles. Exemplos de acceso e subida de ficheiros de Linux / Windows / Mac
Escritorio remoto: descrición
PN: Descrición e escenarios de uso
Sistema de colas:
Que é?
Por que é necesario?
Límites e prioridades
Conceptos e comandos básicos
Traballos interactivos
Directorios de scratch
Aplicacións:
Software instalado
Petición de novo software
Uso das aplicacións (modules)
Execución de traballos simples