O Instituto Español de Oceanografía (IEO) pon en marcha, xunto ao CESGA, o proxecto DIVERSIMAR que terá unha duración de 2 anos e conta co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Mellorar o coñecemento da biodiversidade mariña e os recursos pesqueiros é fundamental para preservalos e realizar unha pesca sostible. Para dar resposta a esa necesidade, o IEO traballa conxuntamente co CESGA para desenvolver o proxecto DIVERSIMAR, que pretende obter datos estandarizados e revisados sobre a distribución de especies mariñas para contribuír á sustentabilidade da pesca.
No marco deste proxecto poñerase en marcha un visor de mapas que estará accesible en:
O desenvolvemento do mesmo, orientarase á difusión dos resultados dos datos de distribución de especies, poñendo eses datos ao dispor de toda aquela persoa interesada. Os avistamentos de especies teñen como característica principal os seus datos de xeolocalización. Para a súa representación da forma máis accesible posible, xerarase un geovisor que permita contextualizar espacialmente os datos recolleitos no proxecto. Permitirá o acceso á representación das distribucións das diferentes especies e pesqueiras na costa noroccidental da península Ibérica.
O pasado mércoles 11 de Novembro celebrouse en modo online unha Xornada Técnica do proxecto que pode ver no seguinte ligazón:
https://bbb-sc.srv.cesga.es/playback/presentation/2.0/playback.html?meetingId=d8543236ac877bd02952392fcbe30da30580f93e-1605091780067
Para saber máis: