A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) celebrará o curso seminario “Patrimonio Cultural Digital: Retos y Oportunidades” os próximos días 16 e 17 de setembro, a través do seu campus virtual.
O curso realízase en codirección con copatrocinio de Deputación A Coruña e o Agrupación industrial TIC de Galicia no marco das actividades académicas propias da UIMP.
O obxectivo principal do curso seminario “Patrimonio Cultural Digital: Retos y Oportunidades” é presentar unha visión xeral e integrada do PCD na actualidade, así como as principais tendencias de futuro. O medio para iso é a presentación en tres grandes bloques temáticos dos casos concretos, moitos deles actualmente en curso, de distintas organizacións públicas e privada líderes nos seus respectivos ámbitos. Tanto a nivel europeo, como nacional e galego.
O Cesga participa neste curso a través do relatorio, “La supercomputación como pilar del Patrimonio Cultural Digital: el CESGA un recurso accesible”, impartida por Emilio Abad Vidal do Departamento de Sistemas de Información Xeográfica no Centro de Supercómputación de Galicia.
Máis información:
http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=64Q8&anyaca=2020-21