Na Rede Española de Supercomputación (RES) celebramos os días 16 e 17 de setembro a “14 th USERS CONFERENCE”, onde se reunirán os usuarios de supercomputación para compartir coñecementos e experiencias no uso do HPC.
A duración da xornada será de 2 días, empezará o mércores 16 de setembro, con sesións plenarias e conferencias técnicas e científicas de destacados especialistas en supercomputación. Para continuar o segundo día, xoves 17 de setembro, pola mañá, coas sesións orientadas a temas científicos e a temas técnicos dentro do mundo HPC, seguida dunha mesa redonda sobre o impacto social do HPC.
Ademais das sesións convócase este ano o Premio RES ao mellor artigo científico realizado utilizando os recursos da RES.
Debido á situación actual causada polo COVID-19, a 14ª Conferencia de Usuarios RES será un evento celebrado de forma virtual.
A información para poder asistir á “14 th USERS CONFERENCE” de usuarios da RES pódese atopar nas seguintes ligazóns:
Programa:
https://www.res.es/es/eventos/14th-users-conference
Rexistro: