O Taller será online ( webinar CESGA) e terá lugar o mércores 17 de marzo e xoves 18 de marzo en horario de mañá de 11:00 h a 13:30 h.

O martes 16 de marzo enviaranse as confirmacións de rexistro así como os detalles necesarios para a conexión aos asistentes.

O Taller está dirixido exclusivamente a usuarios con conta activa no Finisterrae II, para que poidan alcanzar un coñecemento máis profundo da utilización dos equipos e poder aproveitar mellor as ferramentas dispoñibles. O curso está limitado a 40 persoas.

Recomendámoslle: para a conexión necesitará un navegador con soporte para html 5.0 recoméndase Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft Edge ou Internet Explorer, xa que pode xerar problemas.

Contido

1ª sesión:

Mércoles 17 de 11:00 a 13:30

Descrición avanzada do FT II

  • Tipos e características dos sistemas de almacenamento. Uso avanzado.
  • Identificación das redes existentes e modos de uso.
  • Descrición do procesador e as súas características avanzadas.

Uso avanzado do sistema de colas:

  • Opcións de interese en comandos básicos
  • Uso de nodos especiais
  • Variables de entorno e personalización do profile de usuario
  • Dependencia de traballos
  • Notificaciones por correo
  • Modificación de traballos

2ª sesión:

Xoves 18 de 11:00 a 13:30

Aplicacións, compiladores e ferramentas de desenvolvemento dispoñibles

Execución de traballos paralelos:

  • Memoria compartida (ex. OpenMP)
  • Memoria distribuida (ex. MPI)

Soporte de aceleradores:

  • GPU

Execución de múltiples tarefas:

  • Job arrays
  • Opción multi-prog
  • Traballos multistep
  • GNU Parallel e srun
  • Workflows/pipelines

Utilización de contedores: Singularity

Utilización de contornas python: Conda

Visualización:

  • Escritorios remotos baixo un traballo

Rexistro pechado