A Xunta vén de resolver a cuarta convocatoria do programa Fábrica intelixente e sustentable, que, con apoios públicos que suman 21 millóns de euros, permitirá mobilizar 56,8M€ na realización de nove proxectos en sectores estratéxicos para a economía galega como a automoción, o alimentario, as enerxías renovables, a industria da madeira ou a loxística.
As iniciativas, en que participan 23 empresas e seis organismos de investigación, contribúen á creación ou mantemento de máis de 600 postos de traballo de alta cualificación. Están lideradas por compañías que son referentes no seu sector como PSA, Pescanova, Benteler, Finsa, Cupa, Hifas da Terra, Gri Towers, Galigrain –do Grupo Nogar– e Silicio Ferrosolar.
No caso do proxecto Enxeño+, liderado por Finsa, investigarase en novas tecnoloxías habilitadoras 4.0 en produción sustentable de novos taboleiros de alto valor engadido. Finsa, que recibirá unha axuda de 2,64 millóns de euros, contará con entidades colaboradoras como Aimen, CESGA, Citius ou Energylab, e empresas tecnolóxicas como Imatia, Dalp e DXC.
Máis información nas páxinas 28-30 en:
https://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=31608&name=DLFE-39107.pdf