O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) mentorizou á equipa que desenvolve FEDI, a solución de feiras dixitais galardoada no HACKatHOME organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) .

O CESGA colaborou activamente na procura de solucións aos retos abertos polo COVID no primeiro hackathon virtual organizado pola Axencia Galega da Innovación (GAIN) no derradeiro fin de semana de xuño: HACKatHOME. A proposta era atopar solucións a unha serie de necesidades para afrontar a nova normalidade imposta polo virus SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19. As ideas deberían aportar solucións de tal xeito que se poida manter unha actividade económica adaptada: solucións para evitar o contacto físico con obxectos nas compras; novas formas de venta o público; como mellorar o traballo remoto; como reducir os desprazamentos, favorecendo unha industria máis local. HACKatHOME

Dentro das propostas realizadas e desenvolvidas durante o HACKatHOME, tres delas conseguiron un merecido premio, en competencia con outras 23: Un sistema para evitar o contacto con paneis informativos ou outros sistemas que requiren a selección do contido (como poden ser as máquinas de vending); un supermercado virtual que permite ver os produtos de forma realista durante a compra, mentres se empurra o carro da compra virtual, facendo máis agradable a merca de produtos cotiás; e unha contorna altamente personalizable para a organización de feiras comerciais, pero en realidade virtual. Estas tres solucións innovadoras, ademais de acadar un premio de 1000€ cada unha, terán un asesoramento e seguimento personalizado durante un período de seis meses para conseguir que cheguen ao mercado.

A terceira das solucións premiada denomínase Ferias Digitales (FEDI) e foi mentorizada por Responsable do Departamento de Aplicacións e Proxectos do CESGA. Trátase dun novo concepto de feira virtual que mestura as necesidades das empresas de vender os seus produtos e servizos coa realidade virtual. Proporciona un servizo para a organización de encontros empresariais similar as feiras ou convencións profesionais, pero adaptada as limitacións das viaxes por estes motivos. Usando este servizo os organizadores poden crear un espazo virtual con zona de exposición, auditorio virtual ou zonas para a relación entre os asistentes. Os expositores teñan a capacidade de adaptar os espazos predefinidos con seus produtos de venda (pósters, vídeos, etc.) ou xemelgos virtuais, e todo elo de forma moi sinxela. Se necesitan unha adaptación ou unha mellora substancial, tamén poden contratar un servizo de deseño de espazo virtual. Sen esquecer a imprescindible necesidade de contacto directo e indirecto entre o expositor e os visitantes ou entre eles, empregando as avantaxes do mundo dixital.  Todas estas capacidades complétanse coa posibilidade de obter estatísticas útiles para os expositores e organizadores, como número de visitas, duración das mesmas, tempo de parada en cada posto, etc.

A solución proposta, impulsada por Pablo Boullosa García de Cambre, Jacobo Fiaño Salinas de Oleiros e Jesse Anthony Lago López de Muros, representa unha proposta innovadora de interese para dous dos retos plantexados dende a organización: representa unha nova forma de venta ao público e ademais está permite reducir os desprazamentos profesionais. Durante os catro días do HackAtHome, a idea poido madurar e alcanzar un nivel de prototipo axeitado para amosar a súa viabilidade técnica e explorar as posibilidades de comercialización. Sen dúbida, o premio aos impulsores da idea é unha recompensa merecida polo traballo feito.

Máis información:

https://hackathome.gal/