Referencia: CCMM-23-TSP1
Resumo:
Buscamos a unha persoa motivada e proactiva para colaborar no desenvolvemento das actividades do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia no que participa o CESGA. O principal obxectivo será o deseño dunha plataforma Data-Lake de datos mariños. Desde o CESGA levamos participando en proxectos relacionados co almacenamento e procesamento de datos mariños desde o ano 2001 e estamos recoñecidos a nivel internacional polas nosas contribucións nesta área.
Traballarás integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área de servizos cloud e bigdata, onde valoramos especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas. Poderás aprender e contribuír ao desenvolvemento de servizos cloud e bigdata e sobre tecnoloxías avanzadas de administración de sistemas e programación.
Ofrécese un contrato temporal de aproximadamente 18 meses. Este contrato permitirache involucrarche nesta liña de actividade, na que o CESGA vén desenvolvendo proxectos complementarios e con gran proxección futura.
O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 50% do tempo e permite flexibilizar a xornada de acordo con as túas necesidades.
Requisitos mínimos do/a candidato/a:
- Licenciatura ou Máster en Física, Informática, Matemáticas ou Telecomunicacións.
- Titulación de galego CELGA 4. Se non o tes deberás superar unha proba.
- Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES.
Documentación necesaria:
Copia da titulación requirida.
Copia do expediente académico.
Currículo.
Titulación de inglés.
Titulación de galego.
Para a documentación asociada aos requisitos adicionais (non obrigatorios), ver o Anexo B do documento BASES.
Documentación do proceso:
02/05/2023: Resultado do proceso de selección
24/04/2023: Puntuación final
18/04/2023: Valoración definitiva de méritos
29/03/2023: Valoración provisional de méritos
23/03/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
17/03/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos
28/02/2023:
- Anuncio DOG, 28 de febreiro 2023
- Bases da convocatoria
- Modelo de solicitude
- Modelo de datos persoais
- Modelo de méritos
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal