19 retos de tecnoloxías dixitais de empresas galegas buscan solución

Grandes empresas como Coca-Cola, Altia, Albo, Selmark ou Bandalux identificaron varias necesidades na súa loxística e están buscando proxectos que poidan darlle solución.

¿Queres ter a estas empresas como cliente?

En CoLogistics Business Accelerator (CBA) – aceleradora de empresas especializada na función loxística e cadea de subministración – apoian a proxectos que queiran aproveitar esta oportunidade de negocio.

CESGA presentarán CBA e todos os detalles desta oportunidade o: 9 de xullo ás 10:00 a.m.

REXISTRO:

https://us06web.zoom.us/webinar/register/4016220377481/WN_h4V-YT-dTdKMeWy6nJDcYA

10:00 – 10:05 Benvida CESGA, Mauro Fernández – CESGA
10:05 – 10:20 Presentación Cologistics Business Accelerator, Fernando Álvarez
10:20 – 10:25 Intervención IGAPE, Fany Suárez- Subdirectora da oficina Galicia Emprende – IGAPE
10:25 – 10:40 Oportunidades para empresas no sector da Loxística, Andrés Gómez Tato – CESGA
10:40 – 10:50 Preguntas Audiencia
10:50 – 10:55 Despedida CESGA

CBA é unha iniciativa que ten a súa orixe no Proxecto CoLogistics ou Proxecto Estrutura de colaboración loxística na Eurorrexión CoLogistics, o cal impulsa a colaboración transfronteiriza, entre Galicia e Norte de Portugal, no ámbito do transporte e a loxística.
Máis información: http://cba.cologistics-project.eu/es