Posto: Técnicos/as superior de proxecto SINFONIA

Referencia: SINFONIA-23-TSP1

Referencis: SINFONIA-23-TSP2

Resumo:

Buscamos dous técnicos/as superiores para colaborar no desenvolvemento e implementación das actividades do proxecto europeo de I+D+i denominado SINFONIA (Radiation risk appraisal for detrimental effects from medical exposure during management of patients with lymphoma or brain tumour) na área de Aplicacións e Proxectos do CESGA. O obxectivo principal do proxecto é desenvolver novas metodoloxías e ferramentas que proporcionen unha avaliación integral do risco dos efectos prexudiciais da exposición á radiación en pacientes, traballadores, coidadores e o público en xeral así como o medio ambiente durante o tratamento de pacientes sospeitosos ou diagnosticados con linfomas e tumores cerebrais. O labor do CESGA neste proxecto implica o desenvolvemento e mantemento dun repositorio para almacenar todos os datos do proxecto (DICOM e non DICOM) e integración dos algoritmos de IA. Pero dado que xa van 3 anos de proxecto, a principal tarefa do CESGA para esta fase final do proxecto é integrar os algoritmos dos socios e os seus pipelines de inferencia coas fontes de datos do repositorio e a mellora da frontal web do repositorio actualmente despregado.

Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 6 meses.

Salario bruto anual para este posto: 31.547,30 €

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.

Información do proxecto: Proxecto SINFONIA

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  • Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo, nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Informática, Física, Matemáticas ou Telecomunicacións. Titulacións equivalentes de plans anteriores.
  • Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
  • Coñecemento de galego.

Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para valorar os méritos debe achegarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.

Documentación do proceso:

20/02/2024: Resultado do proceso de selección
14/02/2024: Puntuación final
12/02/2024: Valoración definitiva de méritos
07/02/2024: Valoración provisional de méritos
06/02/2024: Lista definitiva de persoas admitidas e excluidas
01/02/2024: Lista provisional de persoas admitidas e excluidas


Publicado: 16/01/2024

Anuncio DOG, 16 de xaneiro 2024
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.