Posto: Técnico/a especialista en administración e secretaría

Referencia: PERTE47-25-TEI-ADM-SEC

Resumo:

O posto ten como cometido actividade de administración e secretaría necesaria para a execución dos proxectos do Plan Estratéxico da RES 2021-2024 (denominados no seu conxunto proxecto PERTE47).

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Titulación requerida: Formación profesional de grao superior na familia profesional de Administración e Xestión.

Duración do contrato: desde a sinatura ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).

Xornada laborala tempo completo, posibilidade de teletraballo a tempo parcial.

Salario bruto anual: 23.531,31 €


Publicado o 15/04/2025:

Anuncio DOG, 15 de abril 2025
Bases da convocatoria
ANEXO 02: Cadro de postos da convocatoria

ANEXO 01: Modelo de solicitude (docx)
ANEXO 01: Modelo de solicitude (odt)

ANEXO 03: Modelo de alegación ou recurso (docx)
ANEXO 03: Modelo de alegación ou recurso (odt)

Instruccións para o envío da solicitud

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Fondos PERTE47

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.