En cumplimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE) expóñense a continuación os datos identificativos da empresa.

Datos identificativos da empresa

Propiedade intelectual

A Fundación CESGA é titular do dominio de internet de segundo nivel cesga.es.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Fundación CESGA

Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns en xeral, e á comunidade investigadora en particular, á información relativa ás iniciativas e servizos da Fundación CESGA. 

Cláusula de exención de responsabilidade

A Fundación CESGA non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Fundación CESGA non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas aos que se fai referencia na web.

A Fundación CESGA se reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Caixas de correos de correo

A información obtida a través das caixas de correos contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela efecto xurídico vinculante algún.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume responsabilidade algún respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta das presentes páxinas.

Recomendacións de acceso

A Fundación CESGA procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Internet Explorer, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de, como mínimo, 1024 x 768 pixels.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou información ofrecida.

Privacidade

A política de privacidade da Fundación CESGA baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para a fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.