Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS
Filtrar por ano:
CESGA

O CESGA lidera unha iniciativa na que se desenvolverá unha metodoloxía de aprendizaxe, as probas e a avaliación dun programa piloto para mellorar as habilidades emprendedoras das mozas que estudan educación secundaria a través das tecnoloxías da información e as comunicacións. A aplicación práctica correrá a cargo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Die Berater (Austria), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), Instituto Fraunhoffer IAO-Stuttgart Uni (Alemaña), CVO Antwerpen-Zuid (Bélxica) e Donau-Universitat Krems (Austria).

Nova completa

Cursos e eventos

Os próximos días 16 e 17 de Abril, AIMEN convídalles ao primeiro curso de portas abertas Simulación numérica na nube aplicada á resolución de problemas industriais que se imparte no marco do proxecto CloudPyme nas instalacións de AIMEN en Porriño.

Coa plataforma CloudPYME, poderá acceder a estas ferramentas de forma sinxela, utilizando ferramentas de última xeración, de gran potencia e versatilidade utilizadas en múltiples ámbitos da industria e usalas nun sistema remoto aproveitándose das capacidades computacionales do CESGA e soporte técnico de especialistas,  permitíndolle abordar novos proxectos de desenvolvemento e investigación de produtos, sen que estes estean limitados polos seus recursos.

Nova completa

CESGA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está inmersa no proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a folla de ruta en materia tecnolóxica co horizonte 2020.

A Axenda será unha estratexia de todos e para todos. E para iso, abordan a súa elaboración en base a un modelo de intelixencia colectiva, facendo partícipes dende o inicio a todos os axentes implicados na identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfronta Galicia no horizonte 2020.

A este respecto, a Amtega informa de que a través do Blog XenteDixital (http://blog.adg2020.es/) continua en marcha unha campaña para a participación social, para que calquera persoa poida achegar as súas suxestións libremente ou dar resposta a unha serie de desafíos tecnolóxicos que se formulan. Dende 16 de setembro e ata o 15 de outubro estarán abertos os seguintes novos desafíos sobre os que poderán facer as súas achegas:

  • Como aplicarías a tecnoloxía para mellorar a educación do futuro?
  • Que farías para aumentar o uso das novas tecnoloxías nas empresas?
  • Que novas solucións tecnolóxicas proporías para modernizar os sectores primarios de Galicia?

A Amtega convida a participar a todos os axentes no proceso de elaboración da futura Axenda Dixital de Galicia 2020.

Nova completa

1178 novas