Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS
Filtrar por ano:
CESGA

Domingo 08/01/2017 21:29

Nova: Semana de formación sobre contidos interactivos de e-learning BLEND

Dende o próximo luns 9 ao 13  de xaneiro, un grupo de profesores de centros de educación superior e continua de Gran Bretaña, Holanda e Finlandia participará nunhas xornadas de formación sobre e-learning e xeración de contidos educativos interactivos para formación mixta (blended learning). Esta actividade enmárcase dentro do proxecto europeo BLEND (https://www.blendproject.eu/) "developing and testing innovative blended work based learning in VET" no que participa a área de e-learning do CESGA.

Nova completa

CESGA

Martes 27/12/2016 10:56

Nova: Peregrina Quintela recoñecida có Premio María Wonenburger

A catedrática de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela Peregrina Quintela Estévez recibiu onte o Premio María Josefa Wonenburger Castells 2016, polos seus avances na transferencia das Matemáticas á sociedade, especialmente á industria.

No acto, celebrado no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, o Presidente da Xunta ensalzou o exemplo das mulleres científicas e avanzou a aprobación do segundo programa "Muller e Ciencia", para a promoción do papel das mulleres no mundo científico e da innovación, dotado con nove millóns de euros.

Quintela reclamou no seu discurso á Administración e ás entidades sociais fórmulas estables para frear a desaceleración científica xerada tralo inicio da crisis.

Debido ao seu compromiso coa transferencia do coñecemento e a necesidade de promover as Matemáticas na industria, vén dedicando nos últimos anos gran parte dos seus esforzos a terefas de xestión. entre 2006e 2012 coordinou o Nodo CESGA do proxecto Ingenio Mathematica (i-math) ea a súa plataforma de consulta (2009-2012), preside a Rede Española Mathematica-Industria(math-in) desde 2011, é directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) desde 2013, e desde 2015 é membro do equipo de dirección da Rede Europea EU-MATHS-IN.

Nova completa

CESGA

Xoves 22/12/2016 12:35

Nova: Protocolo de Prevención e Actuación frente ao Acoso Sexual ou por Razón de Sexo

A proposta da Comisión de Igualdade do CESGA, o pasado 21 de decembro en xuntanza do persoal do CESGA, aprobouse por unanimidade a implantación dun Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual ou por Razón de Sexo. Devandito documento inclúe unha serie de medidas que terán como obxecto a prevención, información, sensibilización, formación e asesoramento en materia de acoso sexual e por razón de sexo no ámbito laboral.

Nova completa

CESGA

Martes 13/12/2016 18:00

Nova: Oferta emprego

O CESGA necesita 1 Técnico/a Superior para a realización do proxecto "MSO4SC: Mathematical Modelling, Simulation and Optimization for Societal Challenges with Scientific Computing". O período estimado de contrato será de 24 meses.

Titulación requerida: Nivel 3 (Master Oficial) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou calquera outra equivalente de plans anteriores, nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Informática, Física, Matemáticas ou Telecomunicacións.

Ver Oferta

Nova completa

CESGA

Venres 02/12/2016 13:48

O pasado Luns día 28 de Novembro, tivo lugar o terceiro webinar do proxecto AR-Sci titulado "Profesores como creadores de contidos de Realidade Virtual para o ensino de ciencias", no que profesores de escolas de España, Noruega e Dinamarca comparten e expoñen os principáis achados xurdidos das experiencias piloto nas que traballaron con contidos de Realidade Aumentada creados por eles mesmos.

Para obter máis información e acceder ao streaming tanto desde último como dos anteriores webinars da serie, continúa lendo a nova completa.

Nova completa

1175 novas