O CESGA participa a próxima semana no lanzamento do proxecto europeo “Mellora da innovación educativa, a competitividade e a calidade da educación superior a través da colaboración entre a Universidade e as empresas. (Educational Knowledge Transfer -EKT-)”, que baixo a coordinación do Grupo de Tecnoloxía Educativa da Fac. de Educación da USC, reúne tres institucións de 7 países europeos durante tres anos. A Convocatoria que financia esta iniciativa é a de Alianzas do Coñecemento para a Educación Superior, Erasmus +.
O CESGA actuará como coordinador da parte tecnolóxica deste ambicioso proxecto europeo de case un millón de euros, que intentará desenvolver e experimentar metodoloxías educativas colaborativas e un marco tecnolóxico intelixente e escalable dirixido aos estudos oficiais de Educación Inicial de Profesores en Educación. Infantil, primaria e secundario. Os resultados de EKT contribuirán eficazmente á revisión e mellora da aprendizaxe dos futuros profesores e ao seguimento no seu período de prácticas na escola.
O Consorcio EKT está formado por centros educativos (universidades e escolas), empresas e CESGA como centro tecnolóxico. Ademais da USC e o CESGA, na parte galega participa a compañía multinacional galega de teleformación, Netex.
Na parte tecnolóxica, liderada por CESGA, plantexarase o reto de desenvolver e experimentar unha solución que resposte ás necesidades destas institucións e modelo de formación, que conta con contornas de aprendizaxe e colaboración moi diversas compostas por diferentes campus virtuais, eportfolios. repositorios, diversas ferramentas de comunicación, aplicacións móbiles, etc. ofreza a estudantes e docentes un ambiente de aprendizaxe, colaboración, xestión e seguimento eficaz e flexible.