Aula Cesga no congreso International Society of Paediatric Oncology

Investigadoras do grupo de Investigación en Tecnoloxías Educativas da USC (https://www.tecnoeduc.es/) presentaron esta semana no Congreso Internacional SIOP (Sociedade Internacional de Oncoloxía Pediátrica) unha iniciativa de Cursos de Formación para profesores de alumnado con cancro, realizado en colaboración coa Federación Española de Familias con Cancro Infantil (https://cancerinfantil.org/).

Esta iniciativa conta coa colaboración do CESGA mediante o uso da Aula Cesga (https://aula.cesga.es), a nosa plataforma de e-learning para a innovación educativa. En concreto, a Aula Cesga está a utilizarse para realizar a formación do profesorado que ten alumnado con cancro, e a súa reinserción escolar. Desde 2022 leváronse a cabo 5 edicións do curso, con máis de 200 docentes de toda España formados/as.
Esta colaboración entre a USC, o CESGA e a FEF para o Cancro Infantil xurdiu do traballo conxunto no proxecto de innovación educativa “Create Your Future” (https://createyourfuture-eu.org/) no que o CESGA desenvolveu a proposta tecnolóxica segundo o necesidades dos superviventes de cancro infantil e as súas familias, os orientadores/as socioeducativos/as e os grupos de investigación educativa.

Aula Cesga é unha iniciativa do CESGA que desde 2002 busca dar apoio á comunidade investigadora e docente nas súas prácticas de colaboración online e prácticas docentes en liña ou mixtas, utilizando ferramentas de código aberto derivadas de experiencias de innovación educativa, como o desenvolvemento e integración dun ferramenta completa e flexible de portafolios electrónicos (https://e-learning.cesga.es/es/2023/04/26/e-portafolio-en-chamilo-gracias-al-proyecto-ekt/) que inclúe na súa versión actual.