carlos

/carlos

About carlos

This author has not yet filled in any details.
So far carlos has created 188 blog entries.

O FinisTerrae e o Premio Nobel de Física 2017

O superordenador FINISTERRAE achegou 1,2 millóns de horas de cálculo ao proxecto galardoado co Premio Nobel de Física 2017 O proxecto LiGO, galardoado por ter detectado ondas gravitacionais tal como predicira Albert Einstein, empregou o superordenador FinisTerrae instalado en Santiago de Compostela a través do doutor Sascha Husa. O supercomputador FinisTerrae, no Centro de Supercomputación [...]

2023-09-20T09:15:47+01:0013/10/2017|Categories: Sin categoría|

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

O CESGA parcitipa na segunda edición de "Unha enxeñeira ou científica en cada cole" Dúas investigadoras do CESGA participarán esta semana na acción promovida pola USC no marco do convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, en materia de igualdade de xénero e promoción das actividades STEM (Science Technology Engineering Maths) entre escolares composteláns. [...]

2023-09-20T09:13:48+01:002/10/2017|Categories: Sin categoría|

Outono Computacional en Compostela

Tras o rotundo éxito colleitado polo Euro-Par 2017, 23rd International European Conference on Parallel and Distributed Computing, que reuniu a perto de 300 investigadores en computación avanzada na Universidade de Santiago de Compostela, este outono ven cargado de eventos que prometen tornar Compostela nunha autentica capital computacional europea. 27 de setembro: Manuel Ruiz Villareal do [...]

2023-09-20T09:11:19+01:0013/9/2017|Categories: Sin categoría|

Realidade Aumentada(AR) no Futuro da Educación

O CESGA participou no Congreso “O Futuro da Educación”, organizado por IGACIENCIA o día 3 de xullo. A actividade do congreso centrouse en facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir as novos vieiros das tecnoloxías e das tecnoloxías da información e comunicación entre otros co fin de alcanzar e contribuir a: desenvolvemento e implementación [...]

2023-09-20T09:09:06+01:0017/7/2017|Categories: Sin categoría|

Obradoiro de introdución a Gaussian

A entidade Gaussian, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e co profesor Saulo Vázquez da Universidade de Santiago, vén de anunciar a celebración da xuntanza de traballo internacional "Introduction to Gaussian: Theory and Practice" que terá lugar en Santiago de Compostela do 10 ao 14 de Xullo, 2017. Participarán no obradoiro investigadores [...]

2023-09-20T09:07:59+01:007/7/2017|Categories: Sin categoría|

Modelado para coñecer o sistema terrestre

CESGA e UVigo queren impulsar o modelado como método de coñecemento do sistema terrestre O 18 de xullo Santiago vai dar acollida a un seminario científico para facernos avanzar no coñecemento do medio natural mediante cálculo de altas capacidades e outras metodoloxías TIC de deseño e predición de comportamentos. Por exemplo a simulación do sistema [...]

2023-09-20T09:06:59+01:006/7/2017|Categories: Sin categoría|

VII Concurso de Programación Paralela

O día 12 de Xuño termina o prazo para participar no concurso de Programación Paralela. O VII Concurso de Programación Paralela terá lugar de forma presencial durante as Xornadas Sarteco a celebrar en Málaga do 20 ao 22 de setembro de 2017. Haberá unha proba de clasificación o 15 de xuño entre 16:00 e 20:00. [...]

2023-09-20T09:00:40+01:008/6/2017|Categories: Sin categoría|

Oferta emprego

Este posto requírese para desenvolvemento de actividades de caracter técnico e de soporte para execución do proxecto FORTISSIMO2 e dos experimentos que coordina o CESGA no proxecto. Para este posto requírese titulación de Nivel 2 / Grado nalgunha das siguientes áreas: Informática || Física || Matemáticas

2023-09-20T08:59:52+01:006/6/2017|Categories: Sin categoría|

Taller Finis Terrae II para usuarios de SVG

O Taller estará dirixido a usuarios actuais do SVG e potenciais de HPC do CESGA. Terá lugar o Miercoles, 7 de Xuño en horario de mañá de 10:00 a 14:00h. no edificio CESGA . As prazas son limitadas. Contidos: Arquitectura FinisTerrae II.  Acceso e portal de usuarios.  Almacenamento e uso dos sistemas de ficheiros dispoñibles. [...]

2023-09-20T08:58:08+01:0015/5/2017|Categories: Sin categoría|

Día Internacional das Rapazas nas TIC

O próximo 27 de abril o CESGA celebra un día repleto de actividades nas que poden participar os centros educativos, para fomentar o coñecemento do mundo da tecnoloxía para as rapazas (sobre todo, pero é para tod@s!) de secundaria. Pola mañá unha charla virtual con 4 investigadoras e tecnólogas galegas, e pola tarde obradoiros de [...]

2023-09-20T08:53:06+01:003/4/2017|Categories: Sin categoría|