Campus do Mar abre o prazo de presentación de propostas de emprendemento e spin- offs.
Ata o 15 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición para participar no Programa “ Sherpa Journeys ”, promovido desde o proxecto POCTEP “ Sherpa do Mar” que lidera a Universidade de Vigo e onde participa o Campus do Mar.
“ Sherpa do Mar” é unha plataforma Eurorregional de apoio ao emprendemento e á xeración de spin- offs que busca 12 proxectos ou ideas de negocio baseados en coñecemento e que estean relacionadas, directa ou indirectamente, co ámbito mariño-marítimo, para apoialos a través da metodoloxía “ Sherpa Journeys” e a súa rede de axentes, aceleradoras e iniciativas.
Desde a plataforma Sherpa do Mar farase difusión a todos os candidatos a través dun catálogo on- line que permitirá realizar contactos de networking. Os proxectos seleccionados poderán, ademais, beneficiarse de interesantes servizos de apoio durante 14 meses:
- – Farase un seguimento e monitoraxe continuo e individualizado dos proxectos seleccionados co obxectivo de deseñar unha folla de roteiro personalizado ás necesidades de cada un que lles conduza a alcanzar o seguinte nivel no proceso de emprendemento.
- – A rede de Sherpa do Mar conta actualmente cunha batería de máis de 60 iniciativas, aceleradoras e programas de apoio ao emprendemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que segue en continuo crecemento e actualización. Tras as identificacións de necesidades de cada proxecto, propoñerase aos participantes unha selección das que mellor se adaptan ao seu proxecto e como acceder a elas.
- – Os proxectos/ideas seleccionados terán acceso á rede de Sherpa do Mar e aos eventos planificados que lle posibilitarán o establecer contactos con posibles colaboradores e investidores.
- – Sherpa do Mar poñerá ao dispor dos seleccionados un mentor especializado que guiará aos participantes durante todo o proceso e apoio científico-técnico procedente das principais Universidades e Centros de investigación da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal co obxectivo de fortalecer o coñecemento detrás da idea de negocio.
- – Todos estes servizos centralizaranse a través da plataforma Web i- sherpa.
+ info sobre a convocatoria e formulario de inscrición: