Visitas ao Centro de Supercomputación de Galicia
Como institución pública aberta á sociedade, o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, recibe visitas de grupos organizados que teñan interese en coñecer que é e como funciona o centro de Supercomputación.
As visitas están abertas a grupos dun máximo de 20 persoas, teñen unha duración aproximada de 1 hora e consisten nunha charla xeral na que se explica aos asistentes que é o CESGA, en que consiste o labor que aquí se desenvolve e as características xerais dos recursos e as áreas coas que se traballa. Inclúe unha visita guiada á instalacións.
Explora o computador cuántico Qmio
O CESGA pon á disposición do público unha aplicación de realidade aumentada para explorar o computador cuántico instalado no centro.
É accesible para todos os dispositivos a través das siguientes ligazóns:
Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.kendra.qmio&pcampaignid=web_share
IOS: https://apps.apple.com/us/app/qmio-cesga/id6472663263