CESGA e UVigo queren impulsar o modelado como método de coñecemento do sistema terrestre
O 18 de xullo Santiago vai dar acollida a un seminario científico para facernos avanzar no coñecemento do medio natural mediante cálculo de altas capacidades e outras metodoloxías TIC de deseño e predición de comportamentos. Por exemplo a simulación do sistema terrestre. Falamos do congreso Computación de Altas Prestacións e Modelado de Ciencias da Atmosfera e do Océano.
O seminario, que conta co apoio da Rede Española de Supercomputación (RES), diríxese tamén a achandar o terreo (resolvendo retos, emendando posíbeis atrancos) para impulsar e estender o uso do modelado dos fenómenos da terra mediante sistemas de computación de altas prestacións, unha práctica que, tendo en conta a deriva da Terra por mor da acción do home (principalmente o cambio climático), será cada vez máis demandada por todo tipo de entidades. O evento contará co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Universidade de Vigo.