CESGA pon ao dispor da comunidade educativa en Galicia, o xogo de mesa Laboratorio Cuántico, QLAB. O xogo está pensado para servir como ferramenta educativa a profesores de secundaria e grao para introducir ao alumnado, dun modo lúdico, a conceptos básicos da computación cuántica como, cúbit, superposición, entrelazamento, tempo de coherencia, …

CESGA lanza o xogo didáctico QLABEn que consiste? Cada persoa xestiona un laboratorio no que se realizan experimentos de Computación Cuántica que, de ter éxito, achegarán grans de area á comunidade científica mundial. É un xogo sinxelo de entender xa que todas as accións realízanse mediante códigos de cores, pero debes aprender a traballar coa menor cantidade de accións posible ou o experimento colapsará e terás que empezar de novo.

Segundo un dos nosos testeadores, “o xogo resulta algo complexo inicialmente pero logo vólvese un tanto adictivo”.

Para facilitar o uso do xogo, creamos estes sinxelos vídeos que atoparás na nosa canle de youtube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLvAJrckik_UOHy54KFSoYNiLRjR1Q0FAd

Este xogo foi deseñado pola empresa Brazolinda co asesoramento de persoal científico do Centro de Supercomputación de Galicia. O seu deseño foi posible grazas a financiamento de fondos React-EU.

Se es docente en Galicia e queres explorar o uso do xogo co teu alumnado, podes solicitar que che enviemos un ao teu centro cubrindo o seguinte formulario: