CESGAHACK4 regresa en marzo para acelerar o tempo de execución de aplicacións científicas
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Appentra Solutions organizan o 4º CESGAHACK no Centro de Supercomputación de Galicia, en Santiago de Compostela, do 25 ao 29 de marzo de 2019.
O hackathon científico de cinco días ten como obxectivo axudar aos científicos e desenvolvedores de aplicacións a responder máis preguntas científicas acelerando o tempo de execución da súa aplicación e reducindo o tempo que pasan codificando.
Os participantes teñen acceso ao supercomputador Finis Terrae II en CESGA e a un equipo de mentores expertos na optimización, paralelización e execución de aplicacións de HPC. Os participantes tamén poderán utilizar Parallelware Tools Suite de Appentra para acelerar o seu ciclo de vida de desenvolvemento no cal poderán identificar rapidamente oportunidades reais de paralelización para a súa aplicación.
Equipos anteriores do CESGAHACK puideron reducir o tempo de execución do seu código a case 1/50 do tempo de execución inicial en só 5 días. Os equipos proveñen dunha ampla variedade de países e campos, traballaron desde predicións de tsunamis da Universidade de Málaga ata o equipo de Xesol Innovation que traballa na análise dos patróns biométricos dos condutores para previr accidentes de tráfico.
“Alcanzar este nivel de traballo pola nosa conta levaría semanas de traballo e aquí lográmolo nun par de días”. CESGAHACK17 participante
“Obtivemos máis información sobre a programación híbrida MPI / OpenMP. Isto logrouse nun ambiente cálido con respostas moi rápidas e agradables por parte dos mentores ” CESGAHACK3 participante
A participación en CESGAHACK4 é gratuíta, pero os participantes deben presentar a súa solicitude online en https://goo.gl/forms/tlQWBimMeKfa0cqk2.
CESGA e Appentra animan a calquera persoa cun proxecto científico que puidese avantaxarse dun código máis rápido a participar e beneficiarse da capacitación individualizada que brinda esta contorna única, axudando a avanzar no seu desenvolvemento e aforrar tempo de execución da súa aplicación software.
Máis información: https://www.appentra.com/training/hackathons/cesgahack-4/