O grupo de Xenomas e Enfermidade do CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela tivo unha participación decisiva no consorcio internacional Pan- Cancer que a semana pasada ocupaba as páxinas de Nature e Nature Genetics.
Para procesar os datos adoptaron unha arquitectura de computación cloud na cal o aliñamento e estudo de variantes realizouse en 13 centros de datos de 3 continentes. En conxunto este esforzo utilizou 10 millóns de horas de CPU. CiMUS consumiu no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) centos de miles de horas de CPU ligadas a este estudio.
Nesta colaboración participaron preto de 1.000 investigadores durante sete anos analizando unha mostra de tumores en 3.000 pacientes e 38 tipos diferentes de cancro.
Trátase da maior investigación sobre xenómica do cancro do mundo, que liderada desde o CiMUS, descubriu un mecanismo de mutación crave na abordaxe da enfermidade.
O grupo de investigación dirixido por Xosé M. C. Tubío deu a coñecer os resultados desta análise xenómica que o pasado 6 de febreiro foi publicado por Nature e Nature Genetics.