Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) asistiu hoxe ao acto de presentaciòn da segunda fase do proxecto ‘Sistemas intelixentes para a Industria 4.0’, unha colaboración coa que o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago – USC) e o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) contribuiran a mellorar a competitividade de FINSA (Financiera Maderera S.A).
O acto tivo lugar nas instalacións da planta OREMBER, situada no polígono industrial San Cibrao das Viñas (Ourense). Nunha visita guiada xunto aos responsables do proxecto, representantes da compañía e os directores de CiTIUS e CESGA (Senen Barro e Mauro Fernández Dabouza), a directora de GAIN tivo ocasión de coñecer as vantaxas dos sistemas intelixentes desenvolvidos polo equipo de investigación coordinado polos científicos David Mera (CiTIUS), Andrés Gómez (CESGA) e Santiago Recamán (FINSA).